Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Servizo especial nas Feiras de San Isidro

O próximo 11 de maio arrincan as Feiras de San Isidro en Talavera de la Reina. Ata o día 15, serán cinco días de festa durante os que Urbanos de Talavera habilitará un servizo especial nocturno totalmente gratuíto para que os talaveranos poidan desprazarse con total comodidade e gozar así dos festexos da cidade.

A parada de Verjas de Prado, situada moi preto do recinto feiral, será o punto común para as saídas e tamén as chegadas desde Patrocinio, Talavera La Nueva, Gamonal, Barrio de Santa María e Praza de España.

Os traslados nocturnos comezarán a operar a partir das 22:30 horas e prolongaranse, nalgúns casos, ata as 02:00 h. Os horarios completos poden consultarse na seguinte ligazón.

No relativo aos actividades, serán Efecto Pasillo, Siempre Así, Rock& Roll Star, Rozalén e León Martínez os que poñan a nota musical no ambiente da Praza da Comarca. Pola súa banda, no Escenario Xoven os protagonistas durante os días de festa serán Lobos Negros, Rulo y la Contrabanda, Barón Rojo e Javi Reina & Carlos Jean.

Ademais, a zona das casetas, os plans teatrais e culturais ou o espazo infantil dedicado aos máis pequenos completarán a oferta lúdica dunha celebración que atraerá a visitantes de toda a comarca.