Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Monbus Obradoiro acariña o obxectivo

A permanencia está máis preto para o Monbus Obradoiro despois de conseguir na pista do Morabanc Andorra a duodécima vitoria da tempada (93-96). Matt Thomas liderou o triunfo do conxunto santiagués con 30 puntos que lle serviron para coarse entre os mellores da xornada coa súa mellor marca anotadora na Liga Endesa.

Nun inicio prometedor, o Monbus Obradoiro saíu con máis intensidade que o seu rival e o seu acerto no tiro permitiulle gozar dunha vantaxe de oito puntos. Con todo, os andorranos foron aos poucos entrando no partido grazas aos lanzamentos de longa distancia e ao final do primeiro cuarto xa mandaban no marcador (26-25).

O triplo co que o conxunto local inaugurou o tenteo do segundo cuarto parecía premonitorio do que sucedería a continuación. As diferenzas ampliáronse despois duns minutos cargados de alternativas nos que o Monbus Obradoiro resistiu e mantívose de cheo na pelexa polo triunfo (56-48).

Tras o paso por vestiarios, os de Moncho Fernández comezaron a tomar a iniciativa no xogo. Artem Pustovyi e Nemanja Radovic facían dano no xogo interior e desde fóra era Ben Simons o que reducía a vantaxe. O aleiro norteamericano empatou o partido a 72 no tramo final do terceiro cuarto cunha canastra de tres e levou o partido a un emocionante desenlace (77-74).

A igualdade seguiu sendo a nota predominante do partido no último cuarto. A falta de sete minutos para o final, o Monbus Obradoiro perdeu por lesión a Nacho Llovet, pero este contratempo non afectou aos xogadores do equipo compostelán. Souberon sobrepoñerse para xogar con destreza nos compases decisivos e amarraron a vitoria que lles achega ao obxectivo de continuar unha tempada máis entre os mellores do baloncesto nacional.

O Monbus Obradoiro afronta agora dous partidos seguidos ante a súa afección nos que pode certificar matematicamente a permanencia. Na xornada 31 recibirá ao RETAbet Bilbao Basket (sábado 5 ás 19:00 horas) e na xornada 32 será o Real Betis Energía Plus o que visite o Multiusos Fontes do Sar (sábado 12 ás 19:00 horas).