Monbus colabora coa AECC de Talavera
A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Talavera celebra este fin de semana a súa cea anual benéfica. Os Xardíns Camotal serán o punto de encontro este sábado a partir das 20:30 horas para todos aqueles que queiran colaborar cun proxecto que traballa día a día para mellorar a calidade de vida das persoas enfermas e as súas familias.
Monbus quixo poñer tamén o seu gran de area e os Urbanos de Talavera ofrecerán aos asistentes un autobús gratuíto co que desprazarse ata o punto no que terá lugar a reunión. Para todos os que queiran acudir á cita utilizando este medio de transporte, a saída está prevista ás 20:00 horas desde a Praza de España.
Os interesados en unirse a este evento solidario poderán retirar a súa entrada (30€ para adultos, 12€ para nenos) na sede da AECC da Praza de Juan Herrera ou contactar a través do teléfono 925 816 648 e o correo electrónico talavera@aecc.es.