Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus arrinca a tempada de festivais

Amigos, festa, diversión e música en directo. A tempada máis tola do ano está a piques de comezar e para gozala ao grande Monbus poncho fácil. Grazas á colaboración con DeFestivales, Monbus é patrocinador e provedor dos servizos de transporte discrecional dalgúns dos festivais musicais máis relevantes a nivel nacional, levando aos usuarios desde diversos puntos da península ata o parking privado de cada recinto.

Estrea rockeira

A primeira cita musical ineludible será para os amantes do rock. A localidade manchega de Villarrobledo acollerá o próximo 28, 29 e 30 de abril unha nova edición do Viña Rock. Reincidentes, Rulo y la Contrabanda, La Raíz, Dakidarría ou Medina Azahara encabezan o cartel de tres intensos días de moito rock.

O mes de xullo virá tamén cargado de concertos. Durante os días 5, 6 e 7 de xullo, Barbate desbordará diversión. O festival Cabo de Plata contará con catro escenarios nos que Steve Aoki, C.Tangana ou Dellafuente serán os grandes protagonistas.

Unha semana máis tarde, do 12 ao 14 de xullo, o Bilbao BBK Live converterá á cidade vasca no epicentro da península a nivel musical. Unha das referencias nacionais no que a festivais refírese terá entre os seus atractivos da edición deste ano a Florence + The Machine, The Chemichal Brothers ou Gorillaz.

O prato forte

Os máis independentes non se poden perder o Arenal Sound, que este ano terá lugar do 31 de xullo ao 5 de agosto. Na súa novena edición, o elenco de grandes nomes estará formado, entre outros, por Dimitri Veigas &  Like Mike, Bad Bunny, Lost Frequencies ou Arkano.

Como despedida aos meses máis festeiros está o Granada Sound. Crystal  Fighters, La Casa Azul, Carlos Sadness e Sidecars lideran a nómina de grupos que actuarán na cidade andaluza os días 21 e 22 de setembro.

Os modernos vehículos que compoñen a frota de Monbus proporcionan unha experiencia de viaxe máis segura e confortable. Os enchufes de corrente individuais, a conexión USB en cada asento e a rede Wifi de alta calidade farán que o festival comece nada máis subir ao autobús, sen que a batería ou os megas sexan unha preocupación. A única inquietude será decidir a que concerto acudir.

Nas diferentes redes sociais de Monbus haberá sorteos e concursos nos que se poderán conseguir entradas, abonos e billetes de autobús para todos estes festivais. Quen vén de #RutaMonbusFest?