Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus xa xestiona os Urbanos de Talavera

Desde o 1 de abril, Monbus encárgase da xestión dos autobuses urbanos de Talavera de la Reina. Na web www.urbanostalavera.com, os usuarios poderán consultar toda a información relacionada coa posta en marcha do novo servizo de transporte do municipio manchego.

O novo portal será o punto informativo no que estarán publicados as diferentes liñas de transporte que vertebran a cidade e os seus correspondentes horarios, así como as tarifas vixentes e os bonos dispoñibles para que os usuarios poidan aforrar nas súas viaxes diarias.

Cabe destacar que o prezo do billete sinxelo redondeouse e de 1,02€ pasará a custar 1€. O resto das tarifas manteranse sen variacións respecto das que estaban en funcionamento ata agora, con diferentes opcións de bono (ordinario, novo ou xubilado) que ofrecerán importantes descontos no importe final da viaxe. A maiores, haberá outras dúas categorías que terán tamén bonificados os seus desprazamentos, como son as familias numerosas e as persoas con mobilidade reducida.

Así mesmo, a web ofrecerá información detallada do funcionamento en tempo real do servizo e contará cun sistema de avisos que informará sobre posibles incidencias que poidan xurdir durante a circulación dos autobuses.

Para calquera consulta, comentario ou suxestión relacionada cos servizos, os usuarios terán á súa disposición dúas vías de contacto: poden dirixirse ao correo electrónico info@urbanostalavera.com ou contactar a través do teléfono 925 298 068.