Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro roza a proeza ante o Barcelona

Volveu o espectáculo ao Multiusos Fontes do Sar e fíxoo cun duelo de altura. O Monbus Obradoiro obrigou ao FC Barcelona Lassa a empregarse a fondo para conseguir unha vitoria que ata o último segundo estivo no aire (73-76).

Chegaban os cataláns a Santiago tras conquistar recentemente a Copa do Rei en Gran Canaria, pero o Monbus Obradoiro non lles regalou nada. Arroupado por unha afección incansable, o conxunto dirixido por Moncho Fernández arrincou o partido cun Bendzius eufórico que se desatou desde o perímetro con catro triplos no primeiro cuarto (21-12).

A calor dos primeiros compases comezou a arrefriarse conforme corría o cronómetro do segundo cuarto. Os blaugranas tomaron as rendas do xogo baixo a dirección de Thomas Heurtel e empezaron a recortar distancias. O Monbus Obradoiro, errático en ataque, viu como a súa vantaxe desvanecíase ata verse por detrás no marcador (31-34).

Tras o descanso, o encontro seguiu polos mesmos camiños. Os de Svetislav Pesic saíron máis enchufados e lograron ampliar a súa renda ata rozar a decena. O Monbus Obradoiro non veu abaixo e púxose as pilas en defensa para espertar despois en ataque baixo a dirección de David Navarro. A partir de aí, os escintileos de Radovic e Bendzius fixeron ruxir ao Fontes do Sar cando o partido entraba na súa fase máis decisiva (57-59).

A igualdade no marcador provocou que o duelo subise de intensidade no último cuarto. O Monbus Obradoiro tivo as súas opcións para poñerse por diante pero o desacerto volveu facer acto de presenza nos momentos clave. Non fallaron os visitantes, con Tomic como brazo executor, para practicamente finiquitar o partido.

Quedaban vinte segundos e o equipo catalán saboreaba xa a vitoria cun colchón de sete puntos. Entón, apareceu Matt Thomas para poñerlle unhas pingas de emoción. O escolta americano cravou dous triplos que puxeron o partido nun punto a falta de tres segundos. O conxunto santiagués quedou sen tempo e, tras os dous tiros libres anotados polos barcelonistas, fixo un último e desesperado intento por levar o partido á prórroga. A defensa blaugrana impediuno e a Sar só quedoulle poñerse en pé para aplaudir a excelente actuación do seu equipo ante o campión copeiro.