Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Liñas afectadas polo temporal de neve

O temporal de neve chegou de cheo á península, afectando á circulación dalgunhas liñas de Monbus. Unhas tiveron que ser suspendidas e outras están a sufrir atrasos, circunstancias que irán sendo actualizadas a través das redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram) e na nosa web.

O longo percorrido de Vibasa non se librou dos contratempos causados pola meteoroloxía. Dúas expedicións xa se viron afectadas no día de onte (Pontevedra - Irún ás 18:50h e Barcelona - Pontevedra ás 21:45h) e, desde esta mañá, as cancelacións afectaron ás seguintes saídas:

• Irún - Barcelona (6:45h y 13:10h)

• Irún - Salou (6:45h)

• Moraleja - Barcelona (07:00h)

• Barcelona - Moraleja (8:45h)

• Barcelona - Irún (8:45h y 14:40h)

• Salou - Irún (15:40h)

Os usuarios que xa tiñan o billete comprado terán a súa praza reservada na seguinte expedición, que sairá cando o tempo o permita. Recoméndase aos usuarios que pasen polos despachos de billetes para actualizar o seu billete. Así mesmo, achegando o billete dalgunha destas expedicións, os viaxeiros poderán solicitar o reintegro do importe abonado.

Cancelacións e atrasos

Cataluña sufriu de cheo as consecuencias dunhas nevadas que obrigaron a suspender o tránsito das liñas que circulaban entre:

• Barcelona - Manresa (solo va hasta Olesa)

• Barcelona - Igualada

• Tarragona - Gandesa

• Igualada - UAB

• Batea - Tarragona

• Guissona - Barcelona​

• Vilafranca - Pontons

• Vilafranca - Sant Quintí

• Vilafranca - Font-Rubí

• Vilafranca - Olesa de Bonesvalls

Outras liñas seguen en circulación pero as adversas condicións climatolóxicas están a provocar atrasos. As liñas afectadas por estas circunstancias son:

• Reus - Andorra

• Reus - Alcover

• Lleida - Tarragona

• Santa Coloma de Queralt - Tarragona

• Santa Coloma de Queralt - Igualada

• Martorell - Esparraguera

• Tarragona - Lleida - Tarragona (por corte del puerto Coll de l’Illa)

Para consultar os horarios de todas estas liñas, os usuarios deben dirixirse á seguinte páxina web.