Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Ampliación de horarios entre Lugo e Vigo

A partir do próximo luns 26 de febreiro, a liña que conecta Lugo e Vigo incrementará as súas frecuencias os venres e os domingos. Así quedou fixado tras a última actualización do Plan de Transportes de Viaxeiros por Estrada establecido pola Xunta de Galicia.

Tanto os venres como os domingos, desde a cidade amurallada sairá un autobús ás 15:15h e outro ás 19:05h. Da mesma forma, neses mesmos días desde a urbe viguesa sairá unha expedición ás 15:15h e outra ás 18:15h.

Referente á mesma concesión, a liña que vai de Lugo a Pontevedra pasando por Lalín e  Vilatuxe sufriu algunhas variacións de horarios.

Outra das novidades importantes refírese á liña Lalín -  Vilatuxe - Pontevedra, xa que tamén se ampliaron as frecuencias para comezar a operar a partir das 07:30h.

Os novos horarios desta concesión pódense descargar nas seguintes ligazóns:

Saídas desde Lugo
Saídas desde Lalín

Calquera usuario que precise utilizar os servizos da compañía, pode solicitar a información por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram).