Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Triunfo do Monbus Obradoiro sobre a bucina

Tarde de moitas emocións a vivida o sábado no Multiusos Fontes do Sar. Nun partido de moito contacto, o Monbus Obradoiro derrotou na prórroga ao UCAM Murcia (70-68) grazas a unha máxica canastra de Matt Thomas no último segundo.

A décima vitoria da tempada comezou a fraguarse cunha gran defensa. Pustovyi púxose o mono de taponador e Bendzius tirou do carro en ataque durante un primeiro cuarto no que o Monbus Obradoiro só permitiu anotar seis puntos ao conxunto murciano (13-6).

Un alley oop do propio Pustovyi e un triplo de Matt Thomas levantaron ao público no inicio do segundo cuarto, xusto antes de que os visitantes lograsen cambiar a dinámica do encontro para darlle a volta ao resultado e marcharse así cunha vantaxe de catro puntos ao descanso (22-26).

A modo de batalla, o partido seguiu polos mesmo camiños de intensidade e garra á volta de vestiarios. O Monbus Obradoiro prolongou a súa guerra nas zonas e, con escintileos desde o perímetro de Albert Sabat, contivo as arremetidas dos visitantes no marcador (41-44).

Os locais continuaron na procura da súa mellor versión no último cuarto. Un parcial de 10-0 nos primeiros minutos reforzou este argumento. Con todo, o bo arranque non facía presaxiar o dramático final. O Monbus Obradoiro defendeu o último ataque visitante con uñas e dentes pero, tras varios rebotes ofensivos, o UCAM Murcia acertou para mandar o partido á prórroga (57-57).

Radovic converteuse, entón, na referencia ofensiva que mantivo no partido ao Monbus Obradoiro. Aínda que o verdadeiro protagonista estaba aínda por saír a escena para a traca final. Co resultado empatado a quince segundos para o final, o Monbus Obradoiro tivo a última posesión. A libreta de Moncho Fernández trazou unha xogada que acabou co balón nas mans de Matt Thomas. O americano xogou con mestría e, no último suspiro, fixo explotar a ‘ Caldeira’ de Sar cun lanzamento imposible que facía fincar o xeonllo ao conxunto murciano e deixaba na casa a décima vitoria da tempada (70-68).