MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Resumo

A Xunta actualiza o Plan de Transporte

A actualización do Plan de Transportes de Viaxeiros por Estrada establecido pola Xunta de Galicia trae para  Monbus modificacións de paradas, horarios e tarifas dos servizos das concesións XG516 e  XG517.

A información da concesión XG516 (Lugo - Lalín - Pontevedra - Vigo, con anexos) xa está dispoñible nas seguintes liñas:

• Lugo - Lalín - Silleda - Pontevedra

• Lugo - Lalín - Vilatuxe - Pontevedra - Vigo

• Lugo - Lalín - Vilatuxe - Pontevedra

• Lugo - Monterroso

• Lalín - Forcarei - Pontevedra

*Pódense descargar todos os horarios desta concesión na seguinte ligazón.

En canto á concesión XG517 (A Coruña - Santiago de Compostela - Pontevedra - Vigo - Fisterra, con anexos), os novos datos iranse actualizando progresivamente e notificando a través da páxina web e as redes sociais. Mentres tanto, continuará vixente a información mostrada na web.

Calquera usuario que precise utilizar os servizos da compañía, pode solicitar a información por teléfono (982.29.29.00), email (info@monbus.es) ou a través das redes sociais (Facebook, Twitter, G+ e Instagram).

Desculpen as molestias ocasionadas.