A seguridade, o máis importante para Monbus
A base de calquera organización é o seu capital humano. Esa é a razón pola que Monbus quere ser un bo lugar onde as persoas poidan desenvolver unha carreira profesional pero, sobre todo, onde poidan facelo de forma segura.
A prevención de accidentes e a protección da saúde dos seus traballadores son dous dos obxectivos prioritarios que Monbus ten integrados na súa xestión. Así, desde o ano 2011, mantén en vigor os seus certificados segundo o estándar OHSAS 18001:2007, de Seguridade e Saúde Laboral. Esta certificación avala o total cumprimento da lexislación vixente de Prevención de Riscos Laborais, a adecuada xestión dos riscos aos que poden estar expostos os traballadores, así como o fomento de boas prácticas entre o persoal.
En permanente revisión
No seu constante esforzo en materia de seguridade, Monbus forma e informa o seu persoal sobre os riscos aos que pode estar exposto, as medidas preventivas que deben aplicar e os plans de emerxencia. Así mesmo, tamén proporciona aos seus traballadores os equipos de protección imprescindibles para aqueles riscos que non se poden evitar mentres garante a preceptiva vixilancia da súa saúde e a participación nas decisións que lle incumben respecto da súa seguridade.
Á súa vez, as instalacións e a frota de vehículos de Monbus revísanse periodicamente para confirmar o seu bo estado. Todos eles dispoñen igualmente dos dispositivos de protección necesarios, da información e a sinalización segundo a normativa aplicable, así como dos medios para conter emerxencias e realizar primeiros auxilios en caso de ser necesario.
Ademais, coa recente ampliación do seu compromiso coa Responsabilidade Social, Monbus ten a intención de potenciar a motivación do persoal, poñendo en marcha accións que fomenten a igualdade de oportunidades, o desenvolvemento profesional e a conciliación.