Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro derrota ao vixente campión

Multiusos Fontes do Sar disfrutou este domingo dun auténtico recital do Monbus Obradoiro. Non se podería definir doutra maneira unha vitoria tan perfecta contra un rival de tamaña envergadura. Coma se fose un auténtico fénix, a nova versión do Obra arrollou ao Valencia Basket, actual campión da Liga Endesa (96 - 77).

A xesta do Obradoiro empezou co equipo non ao 100%, se non ao 1.000%. A defensa impecable e o ataque imparable. Radovic abriu a lata con dúas triplas seguidas. Os valenciáns fixeron todo o posible ata lograr igualar o marcador (21 - 21).

No segundo cuarto, o Monbus Obradoiro pisou o acelerador chegando a estar 17 puntos arriba. Malia todo, os "taronja" nunca deixaron de loitar. A metralleta de Corbacho castigou sen piedade o aro rival. Catro triplas do mallorquín, un cun tiro adicional, abriron unha brecha que os valenciáns non lograron pechar (48 - 39).

Tralo descanso nada parecía cambiar. O Monbus Obradoiro continuou sen pisar o freo. Unha tripla de Matt Thomas e un contraataque de Bendzius elevaron a diferenza a 14. O nerviosismo atenazou ao equipo do mediterráneo que non encontraba aro con facilidade. O cuarto finalizou cun mate brutal de Spires (74 - 56).

Os de Moncho Fernández seguiron loitando con intensidade, pero coa cabeza fría. O Valencia apretou provocando un duelo de canastras. Unha vez máis impúxose o Monbus Obradoiro (22 - 21)deixando o marcador nun triunfal 96 - 77.