Estelar vitoria do Obradoiro en Bilbao
O Monbus Obradoiro regresa á senda da vitoria pola porta grande vencendo al RETAbet Bilbao (74 - 84). Non só venceu a un histórico da Liga Endesa, se non que ademáis foi na súa casa e cortando unha racha de 3 vitorias consecutivas.
A esperada vitoria dos composteláns labrouse de menos a máis e tivo un protagonista indiscutible, Artem Pustovyi. O ucraniano finalizou o partido con 30 de valoración grazas aos seus 19 puntos, 9 rebotes, 4 tapones e 7 faltas recibidas.
Os bilbaínos comezaron gañando grazas ás triplas de Todorovic. Os composteláns non se sentían cómodos e regalaban 4 de 5 posesións ao rival provocando o enfado de Moncho Fernández.
O segundo cuarto foi outro cantar, o Obra xogou con moita máis intensidade. Matt Thomas e Radovic meteron ao equipo no partido acortando distancias.
No terceiro cuarto, subiu o nivel defensivo de ambos equipos. O Monbus Obradoiro volveu ser o do inicio de liga mancándose un parcial 2 - 9 para lograr a igualdade (43 - 43).
Todo estaba aberto no derradeiro cuarto, pero en tan só 23 segundos, Corbacho anotou o súa segunda tripla. Boas xogadas de equipo dispararon a vantaxe aos 14 puntos. O Bilbao intentouno vendo como se lles escapaba o partido, pero os seus xogadores encontráronse cun muro infranqueable, Pustovyi. Os vascos estreitaron o marcador nos últimos minutos grazas a dúas triplas seguidas de Tabu. Os xogadores do Monbus Obradoiro non se inmutaron e continuaron loitando ata lograr a merecida vitoria.