Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus asiste á feira turística anual FITUR

¡Empeza FITUR 2018! A 38ª edición da Feiria Internacional de Turismo ubícase, unha vez máis, no recinto ferial IFEMA en Madrid e durará ata o 21 de xaneiro.

Coma non podía ser de outra maneira, Monbus mantén a súa asistencia ao evento máis potente sobre turismo do panorama internacional. O stand de Monbus é, coma en edicións anteriores, o C01 del pabellón 8. O seu colaborador, InterRías, comparte o mesmo espazo.

FITUR bate o seu récord de asistencia ano tras ano e este non se espera menos. No 2017 creceu un 6% a participación respecto ao 2016. A asistencia profesional ascendeu a 135.838 visitantes, con preto de 7.500 xornalistas de todo o mundo cubrindo o evento. Participaron 9.672 empresas expositoras de 165 países. A superficie da feira creceu un 10%, acadando os 62.494 metros cadrados, dando cabida en 8 pavillóns do IFEMA a 755 expositores.

Monbus leva ao seu espazo expositor un moderno autobús da súa frota, o NeoPlan Cityliner de MAN. Este vehículo de última xeración é o principal reclamo para os visitantes. Equipado cos últimos avances tecnolóxicos, conta cun motor Euro 6 de 500cv e unha caixa de cambios automatizada con asistente de arranque. En canto á seguridade, dispón de sistemas ABS, ASR, EBS, sistema electrónico de estabilidade ESPsistema detección de carril LGS ou o asistente de freada EBA. Un dos seus puntos fortes é o confort, este modelo incorpora teito acristalado parasol frontal eléctrico, gardarropa no maleteiro e caixa forte, así coma servizo WC con detector de humos. Se todo isto non fora pouco, o NeoPlan Cityliner ten cociña, cafeteira e neveira na parte central e duas neveiras máis na zona traseira. Dispón de 8 butacas confeccionadas en moqueta e pel ubicadas no salón traseiro, máis outras 30 butacas distribuidas polo resto do vehículo. Estas butacas están equipadas cunha mesiña, reposapés, respaldo reclinable, revisteiro e reposabrazos abatibles, ademáis pódense desprazar lateralmente. O ocio destaca neste modelo, xa que inclúe mesas de xogo hidráulicas, 6 monitores LCD ao longo do vehículo e radio, DVD, navegador (SD navegación Europa) e micros guía.

No stand de Monbus, calquera visitante se pode informar de forma detallada sobre os servizos ofertados: servizo de liña regularservizo discrecional e servizo de renting de vehículos.

Av. Partenón, 5, 28042 Madrid