Transporte á demanda en Galicia
Este 21 de decembro, co inicio das vacacións escolares de navidade, ponse en funcionamento o sistema do transporte á demanda, debido á alteración dalgunhas liñas que compaxinan o transporte de alumnos co de viaxeiros.
Este servizo xa foi implantado entre o 8 de agosto e o 11 de setembro coincidindo coa entrada en vigor das novas concesións. A novidade no sistema é que a Xunta habilitou unha central de chamadas para unificar o servizo (había que chamar as diferentes compañías segundo a liña). Ademáis, abrirase ao público a web www.bus.gal que terá tódala información relativa aos servizos baixo demanda.
O funcionamento deste sistema consistirá en que os usuarios terán que chamar ao 988 68 78 00 para solicitar o servizo que desexen. Deberán indicar as paradas de orixe e de destino ao operador, e este lles informará dos horarios dispoñibles. Nunha mesma chamada poderanse realizar varias peticións, a cambio, o usuario obterá un código de reserva. O horario de atención ao cliente é de 08:00h a 20:00h de luns a venres laborables. Tanto as peticións como as anulacións deberán notificarse o día anterior ata as 20:00h.