Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro plántalle cara ao Real Madrid

Esperábase un partidazo entre o Monbus Obradoiro e o Real Madrid no Multiusos Fontes do Sar, e así foi. Récord de triplas da Liga Endesa, nada máis nin nada menos que 36. O marcador acabou polas nubes, (93 - 102).

A xesta do Obra non puido ser, derrota ante os seus, a primeira en casa da tempada, mais con honra. Os composteláns non se amilanaron ante o líder da competición.

Real Madrid empezou o partido con maior intensidade. Thompkins e Campazzo anotaron as primeiras triplas. O Obra non se quedou atrás e foi de menos a máis, grazas a unha tripla de Simons púxose 5 puntos arriba (21 - 16).

O segundo cuarto foi outro cantar. Carroll converteuse nunha auténtica besta negra para os composteláns rompendo o encontro. A vantaxe madridista disparouse ata os 19 puntos (30 - 49).

Tras o descanso, os xogadores de Moncho Fernández volveron centrados en ataque e marcáronse un parcial de 8 - 0Bendzius acortaba distancias e con dúas triplas seguidas nos últimos momentos deixou o luminoso (67 - 76).

O Obra non se rendía intentando repoñerse do aciago segundo cuarto con unllas e dentes. No outro lado da cancha, os madridistas loitaban por volver romper o partido. A tan só catro minutos, Bendzius fallou unha tripla crucial, situaría ao Monbus Obradoiro a tan só 1 punto. Tras esta oportunidade perdida o soño da vitoria compostelá resquebraxouse a toda velocidade. Primeiro con 2 triplas de Rudy e de Taylor e para acabar dúas canastras do incombustible Felipe Reyes, o partido estaba sentenciado.