Monbus amplía servizos para Nadal
O ambiente do Nadal xa se respira e as ganas de volver a casa crecen. Un ano máis, Monbus aumenta os seus servizos de longo percorrido desde o 21 decembro ata o 7 de xaneiro ante a gran demanda de pasaxeiros que inician as súas vacacións, e para facilitar a reserva de billetes tanto en despacho de billetes como na web (www.monbus.es).
Vibasa conta con varias liñas que conectan as comunidades de Galicia, Cataluña, País Vasco, Navarra e Castela León. As máis destacadas son as seguintes:
- San Sebastián - Barcelona: unha das rutas con máis afluencia, con varias saídas diarias ás 07:15 h, 13:40 h, 23:15 h. Fóra dos fins de semanas (07:15 h e 23:15 h) e festivos (23:15 h) con dous e unha saída respectivamente
- Bilbao - Pontevedra: volver a Galicia desde a capital guipuscoana está dispoñible de luns a venres a partir do día 21, cunha única saída ás 22:10 h (incluídos o 25 de decembro e o 1 de xaneiro).
- Pamplona - Barcelona: a viaxe á Cidade Condal desde as terras pamplonicas pódese realizar todos os días menos o 25 de decembro e o 1 de xaneiro. Os horarios pola semana son ás 00:45 h, 08:25 h e 14:50 h; os sábados ás 00:45 h e 08:25; e o 24 e 31 de decembro ás 00:45 h, 08:25 h e 16:50 h.
- Salamanca - Barcelona: de luns a venres os salmantinos poderán coller rumbo a Barcelona ás 22:05 h, e tamén o domingo 7 de xaneiro á mesma hora.
Na web, pódense atopar todas as rutas e horarios dispoñibles. Para calquera dúbida ou consulta, o persoal Monbus poderá facilitar máis información a través de redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram), por teléfono (982 29 29 00) ou por email (info@monbus.es).
Dependendo da anticipación na compra, os usuarios poderán gozar de ata un 50% de desconto no billete normal coa promoción das ReVibajas.
A frota de Monbus destinada a servizos de longo percorrido está equipada para que os pasaxeiros #gozar da viaxe dunha maneira cómoda e segura, con butacas Confort Plus, cintos de seguridade e ancoraxes ISOFIX, aseo WC, enchufe individual e USB para cada pasaxeiro, así como Wi- Fi gratuíto de alto caudal de datos.
Os novos vehículos inclúen un sistema de entretemento con acceso gratuíto a contido multimedia con pantallas táctiles individuais nas prazas dianteiras, e nos propios dispositivos móbiles dos clientes no resto de prazas.
Ademais dos servizo de liña regular, Monbus ten dispoñible o servizo de aluguer de vehículos con condutor e sen condutor, de forma que o medio de transporte non sexa un problema á hora de viaxar.