Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O aeroporto de Reus estará comunicado con Moscú mediante un voo semanal directo

A Deputación de Tarragona chegou a un principio de acordo co operador turístico ruso Coral Tours para fretar un voo chárter semanal entre Moscú e o aeroporto de Reus. Está previsto que a compañía Royal Flights comece a operar a partir do mes de maio ata outubro. Este novo acordo supón unha ampliación da oferta internacional de destinos cos que xa contaba o aeroporto tarraconense.

Conexións de autobús co Aeroporto de Reus:
Os servizos de transporte en autobús de La Hispano Igualadina satisfacen a demanda de mobilidade dos usuarios entre o aeroporto de Reus e cidades tan importantes coma Barcelona e Tarragona, ademais das localidades de Valls e Reus.

Barcelona
Barcelona atópase perfectamente comunicada con este aeroporto os luns, martes, xoves e venres mediante unha liña para o percorrido Barcelona - Aeroporto de Reus e outra para Aeroporto de Reus - Barcelona. Os sábados, estes traxectos contan con dous servizos e os domingos cun.

Tarragona
De luns a venres, dende o 2 de setembro ao 28 de xuño, cinco liñas de autobuses realizan o traxecto Aeroporto de Reus - Tarragona e outras cinco o de Tarragona - Aeroporto. Do 1 de xullo ao 2 de setembro, o percorrido do aeroporto de Reus cara a Tarragona conta con seis servizos. Estas rutas teñen duas liñas os sábados e unha os domingos.

Valls
De luns a venres, a ruta Valls - Aeroporto de Reus pasa por El Milá, Alcover, La Selva del Camp, Estación de Reus. O traxecto Aeropuerto - Valls da servizo aos usuarios con parada na Estación de Autobuses de Reus, La Selva del Camp e Alcover.

Horarios
Para facililitar os diferentes xeitos de transporte aos usuarios, La Hispano Igualadina publica periodicamente un cadro de horarios que combina os horarios de chegadas e saídas dos voos facilitados por AENA e os horarios dos autobuses da compañía que realizan o servizo do aeroporto de Reus. Deste xeito, o usuario pode saber cal é o servizo máis próximo á chegada do seu voo ou o máis preto á hora límite de presentación en aeroporto.

Compañías aéreas que operan no aeroporto de Reus
Reus está perfectamente conectado coas principais cidades de Reino Unido, ademais de Dublín, Bruxelas, Frankfurt e Palma de Mallorca. As compañías que operan neste aeroporto son: Ryanair, Jet2.com, Thomas Cook Airlines, Thomson Airways, Jetairfly e Thomas Cook Airlines Belgium.

Ryanair conta con voos a Londres, Birminghan, Nottingham, Eindhoven, Liverpool, Manchester, Palma de Mallorca, Bruxelas, Dublin e Frankfurt.
Jet2.com ofrece servizos entre Reus e Belfast, Edinburgo, Glasgow, Manchester e Newcastle.
Thomas Cook Airlines a Belfast, Glasgow, Manchester, Birmingham e Cardiff.
Thomson Airways opera entre Reus e Londres, Birmingham, Doncaster, Newcastle, Belfast, Manchester, Glasgow, Dublin, Cork, Shannon, Bristol e Cardiff.
Jetairfly e Thomas Cook Airlines Belgium ofrecen voos a Bruxelas.

O aeroporto de Reus, situado a 13 quilómetros de Tarragona, rexistrou en 2012 un tráfico de 937.341 pasaxeiros e en 2013 este número medrou ata os 971.166, o que supón un aumento do 4,21%, un dato superior á media de aeroportos españois.

Aeropuerto de Reus