Un Obradoiro histórico vence ao Tenerife
O Monbus Obradoiro vólvese intocable, nova vitoria, a 7ª en 9 partidos e a 5ª consecutiva. Esta vez tocoulle sufrir ao Iberostar Tenerife no Multiusos Fontes do Sar (75 - 64). O Obra mantén a súa posición na táboa da Liga Endesa, o 4º posto empatado co 2º, 3º e 5º, non podía estar máis apretado o Top5 da clasificación.
O partido comezou con ambos equipos medíndose co máximo respeto. Como ven sendo habitual neste arranque ligueiro Matt Thomas sacou a ametralladora para castigar ao rival que se tivo que poñer as pilas en defensa para intentar frealo. O partido ía a rachas, con escintileos de calidade individual pero sen moita cohesión en xogadas de equipo. Cun parcial de 9 - 0 os galegos tomaron o mando do encontro (17 - 12).
No segundo cuarto os tinerfeños melloraron o seu xogo interior, pero o xogador do Monbus Obradoiro Nemanja Radovic reaccionou a tempo collendo o timón no ataque e elevando a diferenza (26 - 19). Mediado o segundo cuarto Moncho Fernández pese ir por diante, pediu tempo morto ao ver que o seu equipo estaba acelerado, a charla deu os seus froitos e os mozos volveron á cancha máis centrados para enfilar os últimos minutos antes do descanso.
No terceiro tempo o Iberostar acortou distancias froito do acerto de cara ao aro e tamén dunha sólida defensa ata lograr a igualada. A poderosa defensa dos insulares só foi rota por un magnífico Bendzius, cuxos puntos deron aire a un Obra que vía perigrar o partido. O silbato soou coun apertado (54 - 52) quedando todo por resolver no definitivo tempo.
No arranque do último período o Monbus Obradoiro activou de forma notable o seu entramado defensivo, facendo que as canastras dos insulares foran case misión imposible. Coma sempre a afección local volcouse co seu equipo e en cada xogada apertaba máis e máis facendo honor ao sobrenome de “A Caldeira”. Foi entón cando os heroes locais Matt Thomas e David Navarro meteron dous triplas seguidas disparando ao Obra (64 - 54 min. 24). A partir de ahí os composteláns continuaron co seu magnífico nivel de xogo en defensa e con bos ataques para manter as distancias no marcador ata o pitido final.