O Monbus Obradoiro arroia ao Gran Canaria
O Monbus Obradoiro volve deleitar á súa afección ao derrotar ao poderoso Herbalife Gran Canaria no Multiusos Fontes do Sar (79 - 65) e prolonga o que xa era o seu mellor arranque ligueiro. Unha vez máis, a enfervorecida afección obradoirista exerceu a súa particular maxia para levar ao máis alto ao seu equipo.
O Herbalife comezou con forza o partido, pasados os primeiros dez minutos superaba a decena de puntos de vantaxe (17 - 29) provocando que Moncho Fernández tivera que pedir tempo morto para acadar as ideas e reorganizar aos seus. A bronca tivo o efecto dexesado e nada máis sair á pintura, David Navarro anotou unha tripla que supuxo o punto de inflexión. O modo defensivo activouse e o bestial Artem Pustovyi foi o seu garante. Aos canarios se lles comezou a atragantar o ataque e viron con impotencia como o Obra aproximábase no marcador ata case perder toda a súa vantaxe ao descanso (32 - 33).
O Gran Canaria empezou a segunda metade sen o seu mellor tirador, Eriksson, que tivo que abandoar a pista por lesión. Isto sumado a que o Monbus Obradoiro non baixou os brazos no que restaba de encontro, foi o principio da fin para o Herbalife. Matt Thomas (20 puntos) volveu brillar con luz propia exhibíndose en cada faceta do xogo. O Obra púxose á cabeza no marcador e a falta de 4 minutos para o final xa iban 9 puntos por enriba.
Esta nova vitoria leva aos composteláns á 4ª posición da Liga Endesa empatados co 3º, o FC Barcelona Lassa.