A liña Manresa - Barcelona no móbil
Os usuarios da liña Manresa - Barcelona xa poden controlar en tempo real as horas ás que pasarán os autobuses que necesitan coller, todo grazas á nova versión móbil lanzada por Monbus. Este lanzamento é a primeira pedra nun novo camiño para achegar ao usuario a situación real dos vehículos.
Para consultar a información pódese acceder desde o código QR que os usuarios atoparán nas paradas, así como desde a web de Monbus e a da Hispano Igualadina.
Grazas a este novo servizo os usuarios dispoñerán de información constante e vital para a súa día a día.