Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Nova liña Cangas a H. Álvaro Cunqueiro

A partir do 8 de novembro, Monbus establece unha nova ruta que conectará Cangas e Moaña ao Hospital Álvaro Cunqueiro e tamén ao Hospital Meixoeiro. Esta nova ruta que se inclúe dentro da liña XG-525 que saíu na contratación na primeira fase do Plan de Transporte Público da Xunta.

Ante a demanda dos concellos da zona dun servizo que cubrise as necesidades do persoal sanitario, Monbus presentou hai unhas semanas ante a Consellería de Infraestruturas a proposta dunha nova ruta. Tras varios axustes de horarios, o grupo de transporte galego obtivo luz verde para a liña Cangas - Moaña - Domaio- AP-9- Saída 5V- Hospital.  

Os horarios da ruta serán os mesmos de luns a domingo. Desde Cangas ás 06:40, 13:40 e 20:40 con volta ás 08:15, 15:15 e 22:15. Ademais do persoal sanitario que rolda o centenar de usuarios, tamén os veciños da comarca veranse beneficiados por esta ampliación.

Esta nova incorporación supón pequenas modificacións nas rutas xa establecidas na zona, toda a información poderase consultar na web de Monbus (www.monbus.es) e tamén será publicada nas propias paradas.