Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro vence ao invicto Fuenlabrada

Importante vitoria do Monbus Obradoiro ante o Montakit Fuenlabrada. Os de Madrid chegaban ao encontro con pleno de vitorias (5 de 5) e ademáis xogando na casa ante os seus. Ese panorama non amilanou aos galegos que saíron a por todas (65 - 73).

O gran partido do Obradoiro podería resumirse nunha palabra clave, defensa. O primeiro tempo foi unha demostración do estado de gracia no que se atopan os tiradores do Obra. Thomas e Pozas romperon o marcador nos primeiros minutos ao endosar dous triples seguidos aos madrileños (2 - 10). O Fuenla decidiu deixar de ser un espectador máis e púxose as pilas logrando case a igualada (18 - 19).

No segundo cuarto o Monbus Obradoiro comezou co pe esquerdo recibindo un severo castigo do Fuenla (9 - 0). Moncho frenou a sangría cun tempo morto no que reorganizou as súas forzas cun rotundo éxito ao conseguir anotar 8 puntos seguidos. Non foi suficiente e o Fuenlabrada foise ao descanso por diante (36 - 33).

O terceiro tempo comenzou con vento de cola para os locais, ata que Corbacho anotou unha tripla e Thomas lle seguiu cun 2+1. O Obra mantivo a diferenza ata o final do tempo (51 - 55).

O último cuarto foi a sentencia e condea do Montakit Fuenlabrada. Cunha tripla de Bendzius acadouse a maior diferenza do partido (55 - 64). Os locais intentárono todo, apretaron os dentes e montaron unha gran defensa obtendo un parcial de 7 puntos. Estaban a tan so un punto, pero a gran efectividade do Obra foi un mazazo ante o que nada se puido facer. A falta dun minuto Thomas Llovet ampliaron a vantaxe. A guinda do pastel chegou da man de Pozas que pechou o encontro da mellor forma posible cunha tripla a falta de segundos.