Nova App de transporte público galego
A Xunta lanza a súa nova App do Transporte Público de Galicia. Agora os usuarios terán un mellor control das súas tarxetas ao ver en tempo real os seus gastos, reembolsos, etc.
Grazas a esta aplicación os usuarios poden rexistrar as súas tarxetas de transporte público, ver os resumos de reembolsos realizados e recibir notificacións das recargas pendentes para evitar que caduquen. Sempre e cando se sexa usuario frecuente do transporte metropolitano (realizar polo menos 40 viaxes ao mes), téñase dereito a bonificacións sociais ou se dispoña da tarxeta Xente Nova.
Un dos seus puntos fortes é a bonificación por recurrencia, que se aplica cando se realizan 41 ou máis viaxes metropolitanas no mesmo mes. A finais do mes siguinte, ponse á disposición do usuario beneficiado a devolución do 15% do importe gastado no mes no que se xere o dereito. A persona beneficiaria debe introducir a tarxeta nos caixeiros da entidade bancaria colaboradora (ABANCA) e aceptar a recarga.
Esta nova App enmárcase dentro da aposta da Xunta de Galicia pola modernización dos servizos de transporte público.