Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro supera con facilidade ao Burgos

O Monbus Obradoiro triunfa no Multiusos do Sar ante un San Pablo Inmobiliaria Burgos que non soubo estar á altura do encontro (94-69). Antes do partido houbo un minuto de silencio polos incendios que arrasaron o norte de España.

O arranque foi iniciado polo Burgos (2-5), pero os seus continuos erros no aro foron o prognóstico do que ía suceder. Matt Thomas apoderouse da escena con 13 puntos no primeiro cuarto, seguírono Simons, Bendzius e Pustovyi que dominou a pintura cunha defensa intimidatoria (29-6).

Aínda que o luminoso daba tranquilidade aos galegos, non se conformaron e a súa vantaxe disparouse ata os 24 puntos. Edu Martínez irrompeu para frear o desastre do seus con tres triplos.

Tras o descanso, o Burgos aproveitou que o Obra estaba máis relaxado para conseguir un parcial de 0-7 de Fisher, o cal fixo que o Alquimista volvese instaurar a orde  coa entrada de Albert Sábat e Nacho Llovet. O rendemento subiu en defensa e volveu superarse a marxe dos vinte puntos (72-48), o partido xa se decantou cara ao lado galego.

O último cuarto, só serviu para descontar minutos onde os Moncho Fernández de dedicaron a incrementar o marcador. O club galego igualou o seu quinto mellor triunfo ligueiro e a súa quinta maior anotación na ACB.