O Obradoiro supera con facilidade ao Burgos
O Monbus Obradoiro triunfa no Multiusos do Sar ante un San Pablo Inmobiliaria Burgos que non soubo estar á altura do encontro (94-69). Antes do partido houbo un minuto de silencio polos incendios que arrasaron o norte de España.
O arranque foi iniciado polo Burgos (2-5), pero os seus continuos erros no aro foron o prognóstico do que ía suceder. Matt Thomas apoderouse da escena con 13 puntos no primeiro cuarto, seguírono Simons, Bendzius e Pustovyi que dominou a pintura cunha defensa intimidatoria (29-6).
Aínda que o luminoso daba tranquilidade aos galegos, non se conformaron e a súa vantaxe disparouse ata os 24 puntos. Edu Martínez irrompeu para frear o desastre do seus con tres triplos.
Tras o descanso, o Burgos aproveitou que o Obra estaba máis relaxado para conseguir un parcial de 0-7 de Fisher, o cal fixo que o Alquimista volvese instaurar a orde coa entrada de Albert Sábat e Nacho Llovet. O rendemento subiu en defensa e volveu superarse a marxe dos vinte puntos (72-48), o partido xa se decantou cara ao lado galego.
O último cuarto, só serviu para descontar minutos onde os Moncho Fernández de dedicaron a incrementar o marcador. O club galego igualou o seu quinto mellor triunfo ligueiro e a súa quinta maior anotación na ACB.