Derrota do Obradoiro ante o Barcelona Lassa
O Monbus Obradoiro enfrontouse ante un Barcelona Lassa que non afrouxou nin un momento. Cunha intensa defensa e unha alta porcentaxe de acerto desde a liña de 6,75, os barceloneses fixéronse coa vitoria no Palau Blaugrana (102 -58).
Os composteláns estaban concienciados de que o encontro deste domingo ía ser duro desde o inicio. No primeiro cuarto, a forzas foron equiparables cun 20-15 no luminoso.
Os primeiros minutos do segundo cuarto foron desoladores para os de Moncho Fernández cun parcial de 16-0. Os cataláns foron imbatibles, convertendo todos os seus tiros (49-22).
Despois do descanso, o persoal do Monbus Obradoiro saíu con forza anotando triplas coa firma de Thomas, Bendzius e Pozas, e recortando así distancias co Barcelona Lassa (1-9). Pero o Barça non tardou en volver facerse co partido apoderándose da liña de 6,75, a vantaxe volveu aumentar pechando o terceiro cuarto con (78 - 39).
No último cuarto, o Obra tentou acurtar a avultada diferenza. Bendzius e Thomas anotaron os últimos puntos para os galegos, pero xa era demasiado tarde. O encontro finalizou cun amargo 102 - 58 no electrónico.