O Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia redobra a súa aposta tecnolóxica
O martes 29 de abril ás 20:00 h, no auditorio Principal do Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Sala Santiago), tivo lugar o acto
de presentación da innovadora aposta tecnolóxica que o Pazo de Congresos estivo desenvolvendo ao longo dos últimos meses.
Nun tempo de retos e cambios que determinan o futuro, o Pazo de Congresos apostou firmemente pola innovación e a calidade para atraer
os maiores eventos, congresos, presentacións comerciais ou convencións á cidade de Compostela, incorporando á súa magnífica oferta de instalacións as solucións tecnolóxicas máis sorprendentes, capaces de aportar unha nova dimensión á organización de calquera evento.
Proxección de alta definición, retransmisión en directo de calquera acto (streaming), gravación automática (webcast) ou videoconferencia en todas as salas, son solucións que ofrecen novas dimensións temporais e espaciais. As novas posibilidades interactivas, a rotulación electrónica, o uso de smartphones e as redes sociais, permiten ademais na actualidade unha implicación dos participantes con enormes posibilidades de desenvolvemento ata fai moi pouco tempo impensables.
Os grandes eventos nacionais e internacionais, supoñen unha importante fonte de ingresos para a cidade que os acolle, ao involucrar no
seu desenvolvemento a un gran número de sectores (hoteis, restaurantes, cafeterías, comercios, medios de transporte...) que se ven directamente beneficiados da súa celebración. Ao apostar por esta grande inversión en tecnoloxía como foco de atracción, para poder acoller os máis importantes eventos, o Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia está apostando con empuxe e convicción pola cidade de Compostela.