O Obradoiro anota nova vitoria ante o Joventut
O Monbus Obradoiro suma e segue ao conseguir a súa segunda vitoria na Liga Endesa cun 77-68 fronte ao novo equipo do Divina Seguros Joventut. En Sar viviuse un encontro onde os locais dominaron pero sen deixar de mirar aos cataláns que non tiraron a toalla en ningún momento.
Os composteláns baixo o paraugas de Pustovyi apropiáronse totalmente dos primeiros minutos do partido. Todo estivo do seu parte, bos tiros, rebote, gran defensa e un rival que non acertaba no aro. O primeiro tempo finalizou cun espectacular 23 - 7 que a priori auguraba unha soada vitoria local.
Ao verse 17 abaixo, a Joventut espertou. Encabezados por Gielo e López Arostegui, subiron o nivel defensivo e aumentaron a porcentaxe de acerto con axuda de Jordan, o que os colocou rapidamente moi preto do Obra (32-26). Moncho Fernández pediu tempo morto, recolocou aos seus e explotando o xogo na pintura, solucionou os seus problemas de ataque.
Tras o descanso, o Monbus Obradoiro mantívose para non perder as rendas gañadas nos cuartos anteriores ante un Joventut que non paraba de buscar os seus momentos de sorte e que se mantiña con vida grazas aos seus triplos (52 - 49). Nos últimos minutos da contenda, os de Badalona volveron á intimidar aos locais ao situarse a catro a falta de sete minutos para o final (61-57).
Albert Sábat castigou ao seu ex equipo coa súa acción, dándolle aos composteláns unha maior marxe (65 - 57). E aínda que López - Arostegui dió esperanzas aos verdibrancos cun novo triplo, non foi suficiente para superar ao Obra.