Ampliación de servizos para o San Froilán
Desde o 4 ao 12 de outubro celebrarase o San Froilán, as festas patronais de Lugo. Para facilitar a mobilidade nos días máis sinalados programouse un aumento de horarios en varias liñas de transporte urbano e uns servizos especiais que conectarán o centro da cidade cos aparcadoiros especiais habilitados polo Concello.
As rutas e prolongación de horarios serán as seguintes:
- As vésperas de festivos (4, 7 e 11 de outubro): as liñas 3A (Acea de Olga - Ramil), 4 (Tolda - Abella), 6 (Montirón - Residencia - A Cheda) e a 7A (Gándaras - Cemiterio), prolongarán os seus servizos ata as 3:00 horas.
- Os días festivos e domingo (5, 8 e 12 de outubro): as liñas 3AE (Acea de Olga - Ramil), 4E (Tolda - Abella), 5E (As Gándaras - Campiña - Cemiterio) e 6E (Montirón - Residencia - A Cheda), prolongarán os seus servizos ata as 2:00 horas.
Os servizos especiais que comunicarán o recinto feiral cos aparcadoiros habilitados para o San Froilán estarán activos os días 4, 7 e 11 desde as 22:00 ata as 3:00 horas, e os días 5, 8 e 12 desde as 12:00 ata as 2:00 horas. As dúas rutas dispoñibles son:
- Ruta I: Saída da rúa Celso Emilio Ferreiro (esquina Gran Hotel) cada media hora, as horas e cuarto e menos cuarto, por Xacinto Calvo, San Roque, Montero Ríos, Fontiñas, Fonte de Bícaa (proximidades Policía Local), estrada da Granxa, Campos Novos, Afonso X O Sabio, Campo de Tórnaa, avenida de Magoi, Pintor Corredoira e novamente Celso Emilio Ferreiro.
- Ruta II: Saída de Celso Emilio Ferreiro (esquina Gran Hotel) cada media hora, ás horas e 25 e 55 minutos, por rúa Celso Emilio Ferreiro (esquina Gran Hotel), Xacinto Calvo, San Roque, rolda da Muralla, avenida da Coruña, Parque da Milagrosa, Alto de Garabolos, avenida Paulo Fabio Máximo e avda. Infanta Elena (As Termas), para continuar por Paulo Fabio Máximo, Alto de Garabolos, avenida da Coruña, Parque da Milagrosa, rolda da Muralla, Porta de Santiago, República Arxentina, Pintor Corredoira e final en Celso Emilio Ferreiro.