Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro inicia a liga con vitoria

O  Monbus Obradoiro inicia a Liga Endesa cunha vitoria ante o Tecnyconta Zaragoza (80 - 74), tras un encontro duro onde se percibiu que a ambos os equipos queda rodaxe para mellorar o seu xogo.  Matt Thomas luciuse converténdose no máximo anotador do encontro con 21 puntos e Corbacho ao fin tivo o seu esperado regreso á cancha tras estar lesionado.

 

O multiusos de Fontes do Sar, recibiu aos seus ao grande despois do parón estival, posterior ao último partido de competición celebrado en maio. Durante os dous primeiros cuartos, foron os composteláns quen conseguiu facerse co control, aínda que os “rojillos” tiñan moi interiorizado o plan para que o Obra non abrise brecha contando con grandes aparicións individuais de Gary Neal, Dragovic e Blums que os mantiveron próximos no marcador ao seu opoñente.

 

O segundo cuarto caracterizouse polas distancias curtas, onde o Zaragoza logrou superar no luminoso por momentos a base de golpes desde a liña de tres puntos. Os composteláns atoparon solucións desde a pintura coa achega de Radovic e Pustovyi.

 

A última metade do encontro, complicouse para os de Moncho Fernández, aínda que o Tecnyconta foise con desvantaxe aos vestiarios (39 - 38).  Os triplos de Jonathan Barreiro e un 2+1 de Dragovic conseguiron a maior vantaxe para os visitantes aos 24 minutos (45 - 51).

 

No cuarto final o partido atascouse,  e saíron a relucir Thomas e Neal para achegar ritmo á situación.  Monbus Obradoiro conseguiu abrir brecha (68 - 62) tras un parcial de 12 - 1 grazas á ebulición de Thomas e ao control do espazo aéreo por parte de Pustovyi. Pero a aparición unha vez máis dos triplos achegados por Blums e Neals  conseguiron igualar o partido no penúltimo minuto. Foron unha gran defensa e os tiros libres os que deron o triunfo aos galegos.