Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Celebración da Semana da Mobilidade

Do 16 ao 22 de setembro celébrase a Semana  Europea da Mobilidade, baixo o lema “Compartir lévache máis lonxe”. Desde o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente  (MAPAMA), que é o coordinador nacional desta acción, téntase sensibilizar tanto aos responsables políticos como aos cidadáns sobre a importancia do uso do transporte público para evitar as consecuencias nefastas para a saúde e medioambiente do uso irracional do coche na cidade.

Esta iniciativa xurdiu en Europa en 1999 e cada mes de setembro vén realizando actividades para promocionar a mobilidade sustentable e o fomento de boas prácticas. O tema deste ano elixido pola Comisión Europea está centrado na mobilidade limpa, compartida e intelixente. Todo isto apoiado na tecnoloxía do transporte intelixente e en modos de transporte máis limpos como é o transporte público.

Monbus leva anos traballando por conseguir altos estándares de eficiencia enerxética e ambiental. Reflexo disto son os diferentes certificados que avalan esta concienciación por ser responsables coa saúde pública e protección do medioambiente. Ademais de facer uso de Sistemas Intelixentes de Transporte (ITS) para facilitar tanto aos usuarios como aos propios traballadores o uso do transporte público.

Os servizos de aluguer de vehículos con condutor e sen condutor para compartir son outra maneira de conseguir aforro enerxético e minimizar o máximo a emisión de Gases de Efecto Invernadoiro.