Celebración da Semana da Mobilidade
Do 16 ao 22 de setembro celébrase a Semana Europea da Mobilidade, baixo o lema “Compartir lévache máis lonxe”. Desde o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), que é o coordinador nacional desta acción, téntase sensibilizar tanto aos responsables políticos como aos cidadáns sobre a importancia do uso do transporte público para evitar as consecuencias nefastas para a saúde e medioambiente do uso irracional do coche na cidade.
Esta iniciativa xurdiu en Europa en 1999 e cada mes de setembro vén realizando actividades para promocionar a mobilidade sustentable e o fomento de boas prácticas. O tema deste ano elixido pola Comisión Europea está centrado na mobilidade limpa, compartida e intelixente. Todo isto apoiado na tecnoloxía do transporte intelixente e en modos de transporte máis limpos como é o transporte público.
Monbus leva anos traballando por conseguir altos estándares de eficiencia enerxética e ambiental. Reflexo disto son os diferentes certificados que avalan esta concienciación por ser responsables coa saúde pública e protección do medioambiente. Ademais de facer uso de Sistemas Intelixentes de Transporte (ITS) para facilitar tanto aos usuarios como aos propios traballadores o uso do transporte público.
Os servizos de aluguer de vehículos con condutor e sen condutor para compartir son outra maneira de conseguir aforro enerxético e minimizar o máximo a emisión de Gases de Efecto Invernadoiro.