Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Nova certificación en Condución Eficiente

A Condución Eficiente é un firme compromiso que Monbus ten desde hai anos. Recentemente conseguiu que catro das súas empresas adscritas obteñan a certificación segundo a especificación EA 0050 de Sistema de Xestión de Condución Eficiente de Vehículos Industriais.

Esta certificación establece o control dunha serie de parámetros como son a velocidade media, o consumo de combustible ou o uso de embrague, entre outros. Co fin de executar un rexistro regular de todos os datos, Monbus desenvolveu un sistema informático onde almacenalos e procesalos.  O reporte xornal aos condutores sobre o seu desempeño na condución, xunto á súa continua formación en Condución Eficiente, converten a Especificación EA 0050 nun aval no referente á execución dunha correcta condución.

Monbus veu facendo nos últimos anos un importante investimento en equipamentos destinados á monitoraxe da condución da súa moderna frota, formación e sensibilización do seu persoal neste ámbito. Todo iso permitiu, no seu conxunto, identificar comportamentos non desexados ao volante e a súa corrección, así como áreas de mellora nos estilos de condución.

O aumento da eficiencia enerxética e a redución de gases de Efecto Invernadoiro son dous dos maiores beneficios da Condución Eficiente. Ademais, de maneira indirecta, contribúe á mellora da seguridade e o confort tanto dos viaxeiros como do propio condutor. Así pois, Monbus continúa apostando por mellorar os seus servizos, respectando o medio ambiente e poñendo sempre a seguridade en primeiro termo.