Monbus aumenta os seus servizos de praia
A tempada estival comezou e con ela o aumento de viaxeiros que buscan como destino a praia. Ante esta demanda, Monbus ampliou os seus servizos con destinos ás zonas turísticas por excelencia do verán, a Costa Dourada no litoral catalán e as Rías Baixas en Galicia.
Os usuarios de Cataluña, dispoñen de servizos especiais desde o 1 de xullo ata o 31 agosto, con orixe en Igualada ou Manresa e con destino a Sant Salvador, Coma - Ruga, Calafell, Cunit ou Segur de Calafell. Para viaxar ás praias de Salou, Monbus conta con promocións especiais para aqueles pasaxeiros que viaxen desde Irún, San Sebastián ou Pamplona.
A zona sur de Galicia conta cunha amplísima selección de destinos estivais que están perfectamente conectados coas localidades máis importantes a través das rutas deseñadas por Monbus. Usar o transporte público evitará a espera en grandes atascos e os problemas de aparcamento tan típicos nestas datas na Comunidade Galega.
Desde Pontevedra, está dispoñible a ruta Atios - Torneiro – Porriño e como servizos especiais de praia, destinos tan coñecidos como Praia América (luns, mércores e xoves) e a Praia de Samil (martes e venres).
Outras rutas importantes que percorren o litoral galego son:
Cangas - Pontevedra - Vigo.
Moaña - Pontevedra e cercanías.
O Grove - Pontevedra - Vigo.
O Grove -Vilagarcía - Santiago.
Pontevedra - A Lanzada- O Grove.
Vigo- Sanxenxo.
Santiago - Vilagarcía - Cambados - Sanxenxo.
En canto á conexión das provincias interiores, Lugo e Ourense, coa costa galega, as rutas teñen as súas orixes en poboacións como Sarria, Rubián, Bóveda e Monforte ou ben O Barco, A Rúa, Quiroga, San Clodio, Monforte e Escairón estando comunicadas con Praia América, Samil, Sanxenxo, A Coruña, San Miguel de Reinante ou Ribadeo.
Tamén se habilitaron as rutas Verín - Xinzo - Samil (domingos e festivos), Ourense - Samil (sábados , domingos e festivos), Ourense - Sanxenxo Portonovo - Montalvo - A Lanzada e A Toxa (domingos e festivos).
Ademais, Monbus ofrece servizo de liñas regulares e servizo de aluguer de vehículos con condutor e sen condutor, como parte do seu servizo completo enfocado ás necesidades de cada viaxeiro.