Folga de transporte en Galicia
Por mor da folga no sector de transporte para tódolos martes e mércores entre as 00:00h e as 24:00h con carácter indefinido, a Xunta de Galicia estableceu os servizos mínimos que se levarán a cabo, sempre e cando as circunstancias o permitan. Recoméndase a tódalas persoas que desexen ou necesiten utilizar os servizos de transporte público por estrada que primeiro consulten no DOG as liñas e horas que se verán afectadas pola folga e así evitar esperas innecesarias nas estacións e marquesiñas.
Desde Monbus estase traballando para minimizar as molestias causadas aos usuarios mentres duren as protestas.