Monbus, máxima seguridade na estrada
“A TÚA SEGURIDADE COMO PRIORIDADE”
Falar de Seguridade en Monbus é falar dunha das áreas, xunto con Calidade e Sustentabilidade, constantemente no punto de mira da compañía, sendo, deste xeito, sometidos á continua revisión e mellora. Boa proba delo son as diversas certificacións que acreditan a preocupación mostrada en tales disciplinas.
Unha moderna frota, equipada cas medidas de seguridade máis avanzadas, unido a un exhaustivo mantemento e control dos vehículos que a conforman, dan como resultado unha total satisfacción nas inspeccións regulamentarias. Con todo, o risco cero non é posible e é por iso que Monbus presenta Plans de Emerxencia que tratan de facer fronte e minimizar posibles situacións anómalas. En relación a isto, a empresa obtivo a certificación ISO 22320 de Xestión de Emerxencias, que refire a capacidade de resposta ante tales circunstancias.
Neste sentido, os condutores, profesionais altamente cualificados, contan cunha preparación óptima que lles capacita para responder ante calquera situación que puidese presentarse na estrada, xa que periodicamente reciben formación en materia de seguridade; polo tanto, os viaxeiros deben seguir en todo momento as súas instrucións.
De forma complementaria, os usuarios dispoñen de información de seguridade no interior do autobús, ademáis da señalética regulamentaria que indica a ubicación dos elementos implicados:
- Cintos de seguridade: é obrigatorio o seu uso durante toda a viaxe.
- Portas: contan con botón de apertura de seguridade.
- Xanelas e martelos de emerxencia.
- Extintores: segundo o número de prazas pode haber un ou dous; o primeiro, situado na parte dianteira do vehículo, xunto ao condutor ou baixo os primeiros asentos. Cando hai dous, adoita estar situado baixo os asentos preto da entrada posterior.
- Botiquín de primeiros auxilios que contén material necesario para primeiras curas. Encóntrase na parte dianteira do autobús, xunto ao asento do condutor ou enriba dos primeiros asentos. A atención a feridos require asegurar que se poida facer sen perigo propio ou alleo e tras avisar aos servizos de emerxencia. En ningún caso se aconsella mover aos que estean atrapados ou inconscientes, salvo que sexa imprescindible por perigo inminente para a súa vida. Tampouco se debe proporcionar alimento, bebida ou medicamentos ás persoas feridas.
Outras indicacións de seguridade importantes refiren o aviso ao teléfono de emerxencias 112, aportando a maior información posible.
Estas indicacións e elementos conforman a chamada seguridade pasiva do vehículo, que ven a completar o equipamento técnico do autobús en canto á seguridade activa; en calquera caso, sempre “A Túa Seguridade como Prioridade”.