Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro logra a permanencia

Boas novas para a afección do  Rio Natura Monbus Obradoiro, o equipo compostelano disfrutará doutra tempada na élite do baloncesto español, a Liga Endesa. Os de Santiago selaron un partido estelar contra o Real Betis Energía Plus gañando por (88 - 67) no Multiusos Fontes do Sar.

O Obradoiro fundiu os chumbos dos béticos despregando un xogo superior baseado nunha férrea defensa. Comezaron gañando os andaluces, pero tan só foi un espexismo xa que apareceu un hombe que brilla con luz propia, Mickey McConnell tirando de liderazgo para que o equipo realizase un parcial de (9 - 0) poñéndose (16 - 8, min. 6) obrigando a Alejandro Martínez a pedir un tempo morto. O Obra finiquitou o primeiro parcial (27 - 21) cun Artem Pustovyi que se fixo xigante e un Benzius xenial na tripla.

O segundo parcial inicióuse con moitos cambios no cinco de Moncho Fernández. O veterano Nacho Llovet abriu con cinco puntos seguidos, e tras un momento de bo xogo chegou un parón de tres minutos sen anotar un punto. Volveu o bo facer de Nacho ao que se sumou Santi Yusta para continuar pola senda da victoria. O Betis estaba atascado e o Obra alcanzou a súa maior diferenza do partido (48 - 31, min. 19).

O terceiro parcial deu comezo con vento de cola para o Rio Natura Monbus Obradoiro que en ningún momento baixou a súa intensidade defensiva mentres que Artem Pustovyi facía o que quería para desesperazón rival (62 - 43, min. 27). Apretou o Betis conscente da súa situación na Liga Endesa achegándose no marcador (66 - 52, min. 30).

A pesar da reacción do equipo rival no terceiro cuarto, que chegou a recortar distancia ata os 10 puntos (74-64, min. 36), facendo perigar a salvación matemática situada nos 6 puntos ou máis, McConnell cunha soberbia tripla facía anacos a remontada dos béticos. A brecha non fixo máis que aumentar ata o pitido final (88 - 67), asegurando a permanencia por 7ª tempada consecutiva na Liga Endesa.