O Obradoiro logra a permanencia
Boas novas para a afección do Rio Natura Monbus Obradoiro, o equipo compostelano disfrutará doutra tempada na élite do baloncesto español, a Liga Endesa. Os de Santiago selaron un partido estelar contra o Real Betis Energía Plus gañando por (88 - 67) no Multiusos Fontes do Sar.
O Obradoiro fundiu os chumbos dos béticos despregando un xogo superior baseado nunha férrea defensa. Comezaron gañando os andaluces, pero tan só foi un espexismo xa que apareceu un hombe que brilla con luz propia, Mickey McConnell tirando de liderazgo para que o equipo realizase un parcial de (9 - 0) poñéndose (16 - 8, min. 6) obrigando a Alejandro Martínez a pedir un tempo morto. O Obra finiquitou o primeiro parcial (27 - 21) cun Artem Pustovyi que se fixo xigante e un Benzius xenial na tripla.
O segundo parcial inicióuse con moitos cambios no cinco de Moncho Fernández. O veterano Nacho Llovet abriu con cinco puntos seguidos, e tras un momento de bo xogo chegou un parón de tres minutos sen anotar un punto. Volveu o bo facer de Nacho ao que se sumou Santi Yusta para continuar pola senda da victoria. O Betis estaba atascado e o Obra alcanzou a súa maior diferenza do partido (48 - 31, min. 19).
O terceiro parcial deu comezo con vento de cola para o Rio Natura Monbus Obradoiro que en ningún momento baixou a súa intensidade defensiva mentres que Artem Pustovyi facía o que quería para desesperazón rival (62 - 43, min. 27). Apretou o Betis conscente da súa situación na Liga Endesa achegándose no marcador (66 - 52, min. 30).
A pesar da reacción do equipo rival no terceiro cuarto, que chegou a recortar distancia ata os 10 puntos (74-64, min. 36), facendo perigar a salvación matemática situada nos 6 puntos ou máis, McConnell cunha soberbia tripla facía anacos a remontada dos béticos. A brecha non fixo máis que aumentar ata o pitido final (88 - 67), asegurando a permanencia por 7ª tempada consecutiva na Liga Endesa.