Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro acaba co Bilbao Basket

O Rio Natura Monbus Obradoiro aférrase á Liga Endesa cunha nova vitoria (85 - 90) fronte a un gran rival. A derrota do RETAbet Bilbao Basket non puido ser máis amarga para os seus, en casa e quedando fora dos postos de playoff cando crían que xa estaba feito.

O Obradoiro serviuse das grandes actuacións de Dulkys (20 puntos) e de Whittington (17 puntos e 7 rebotes) e un impresionante último parcial  (18 - 31) coa tripla determinante de Santi Yusta nos derradeiros segundos.

Durante a primeira parte os de Moncho Fernández sentíanse cómodos dende a liña de tres e fixéronllelo saber ao rival anotando nove triplas. O Bilbao non lles perdeu a pista grazas a Tabu e Todorovic, pero sobre todo grazas ás numerosas perdas de balón dos composteláns (15). Os vascos fóronse tres arriba ao descanso (44 - 41).

O terceiro tempo empezou coma o fixera o partido, intercambio de triplas e ámbolos equipos tratándose de ti a ti. Entón chegou un parcial de (9 - 0) dos locais que a punto estiveron de romper o partido (67-59).

Unha vez máis e xa van unhas cantas, o Rio Natura Monbus tirou de épica, de casta, de raza, dunha forza interior que move montañas para levarse o último cuarto e a vitoria. A defensa volveu ser infranqueable e o tiro exterior esta vez acertadísimo. A tan só un minuto empataron o encontro con dous tiros libres dun maxistral McConnell. O Obra pechou filas, recuperou o balón e Santi Yusta soltou o pulso anotando a tripla que silenciou ao Bilbao Arena a tan só 47 segundos do final (85 - 89). O despregamento defensivo continuou firme para frustración local. Artem Pustovyi soubo sacar proveito da última posesión anotando o tiro libre que deixaba o marcador no (85 - 90) definitivo.