O Obradoiro vence ao Joventut en Badalona
O Rio Natura Monbus Obradoiro deu un paso de xigante nas súas aspiracións á permanencia na Liga Endesa cunha nova vitoria que confirma o gran estado de forma dos galegos. O Divina Seguros Joventut de Badalona , por contra, levouse un duro golpe ao perder (82 - 83) ante a súa afección, o que lles sitúa en postos de descenso, dous por debaixo do Obradoiro que toma aire de novo na zona de salvación.
Poucas veces as novas incorporacións ao persoal de Moncho Fernández marcaran un antes e un despois tan claro. Xa se comprobou ante o Real Madrid (90 - 83) que algo cambiara e agora confírmase o salto de calidade. Esta vitoria como visitante contra un rival directo pola permanencia aporta oxíxeno aos pulmóns do Rio Natura Monbus e lle chea de confianza de cara á recta final da competición.
O partido comezou coa Penya despregando un pésimo xogo, seguramente atenazados polos nervios dun encontro determinante. Jordan non sabía coma parar ao pívot ucraniano Artem Pustovyi que anotaba a pracer, no minuto 4 o Obra xa estaba doce arriba (3 - 15). Os cataláns estaban faltos de ideas en ataque e coa súa defensa desorganizada, McConnell aproveitou o caos local para sacar rédito mantendo as distancias (10 - 22 min. 7). Reaccionou entrenador verdinegro sacando á pista a Ventura e a Stutz para cambiar a dinámica do partido. A súa aposta foi un éxito rotundo, a defensa converteuse nun muro impenetrable e as triplas comezaron a entrar arroxando un parcial de (17 - 0) para situarse 5 puntos arriba (27 - 22, min. 15), as tornas cambiaran.
O Obradoiro estaba atascado en ataque, nada menos que 8 minutos sen pasar a pelota polo aro. Unha vez máis, o base americano, Mickey McConnell saíu a tirar do carro coa axuda do pivote Nacho Llovet retomando o control do encontro tras un parcial (2 - 14) índose o Rio Natura Monbus Obradoiro 6 puntos por diante ao descanso (32 - 38).
O inicio da segunda metade, os locais cometeron os mesmos erros, o que aproveitaron os composteláns para recuperar os 12 puntos de vantaxe (32 - 44, min. 26). Esta vez o Obra mantívose no encontro cun acertado Dulkys dende a liña de 6,75 (4/9 en triples).
Volveu ao partido Ventura, o mellor dos seus con 18 puntos, para manter viva a esperanza cunha tripla que pechou o terceiro tempo deixando todo aberto para o final e decisivo cuarto (54 - 59).
Soou o asubío de inicio e Alberto Abalde xunto a Bogdanovic lanzáronse a por todas decididos a quedarse ca vitoria, cas boas xogadas e tiros precisos apertaron o marcador (64 - 65, min. 63). A falta duns minutos, a Penya situouse por diante grazas á boa defensa sobre McConnell e ao acerto de Ventura (72-69, min. 37).
O falta de 3 minutos os nervios do pasado volveron a agarrotar ao Joventut. Non sabían como parar a Whittington que anotou 8 puntos seguidos en menos de dous minutos poñendo ao Obradoiro arriba (80 - 81). A tan so 11 segundos McConnell anotou os seus dous tiros libres ante o que parecía xa o resultado final, pero unha canastra de Bogdanovic tras capturar un rebote ofensivo, sumado a unha perda de balón de Bendzius nun saque de banda a 4 segundos deu unha última posesión aos locais, Bogdanovic non puido logralo e acabou perdendo o balón, terminando o partido co Rio Natura Monbus como vencedor (82 - 83).