Monbus promociona as liñas de Semana Santa
A pouco máis de quince días para Semana Santa, Monbus promociona as liñas de longo percorrido operadas por Vibasa ao tempo que salientar a posibilidade de conseguir descontos de ata un 50% no prezo normal do billete grazas á tarifa ReVibajas.
Dende o pasado ano, istos prezos especiais encóntranse dispoñibles todo o ano nas rutas operadas por Vibasa, con maiores reducións no prezo do billete en función da anticipación de compra e con polo menos 4 prazas sempre á metade de prezo (ata fin de existencias).
En canto ás liñas, Monbus ofrece os seguintes percorridos:
Pontevedra - Irún e Irún - Pontevedra.
Enlaza Galicia con Castela e León e País Vasco.
Barcelona - Irún e Irún - Barcelona
Con saídas dende BCN Nord ou BCN Sants une Cataluña, Aragón, Navarra e País Vasco.
Barcelona - Pontevedra e Pontevedra - Barcelona con partida dende BCN Nord e dende BCN Sants, une Cataluña, Aragón, A Rioxa, Castela e León e Galicia.
Enlazando País Vasco, Navarra e Cataluña.
Moraleja -Salamanca - Barcelona y Barcelona - Salamanca - Moraleja con llegada a BCN Nord ou Sants, une Extremadura, Castela e León, Aragón e Cataluña.
Equipados con cómodas butacas Confort Plus con cinturóns de seguridade, conexión Wi-Fi gratuita, enchufes de corrente/USB individuais, acceso gratuito a contido multimedia (música, series, películas…) a través de pantallas táctiles individuais ou os dispositivos dos usuarios…, os modernos autobuses da frota Monbus converten istas viaxes de longo percorrido en toda unha experiencia confortable e segura.
Completando a oferta comercial, a empresa ofrece os seus servizos de liña regular así coma o seu servizo de aluguer de vehículos con conductor e sen conductor.