Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

O Obradoiro vence ao Real Madrid

O Rio Natura Monbus Obradoiro píntalle a cara ao equipo con maior orzamento da Liga Endesa, o todopoderoso Real Madrid. O mellor Obra en moito tempo marcouse un partido que irá directo á hemeroteca, o seu esforzo e entrega deron como resultado o (90 - 83) definitivo. Pola súa banda, o Real Madrid non puido asaltar de novo o Multiusos Fontes do Sar e ve como se lle afasta o primeiro posto da ACB. 

Volveu o Obra que sorprende a propios e estraños, nunha primeira parte inédita nesta tempada, o equipo de Moncho Fernández anotou 21 puntos en dez minutos co pivote Artem Pustovyi destacado baixo o aro e mostrando unha soltura descoñecida desde o triplo (2/3). O Madrid non perdeu o tempo e co seu dúo de killers en estado de graza, finalizou o primeiro período con (21 - 28). Doncic e Llull sumaron 19 puntos mentres que o resto do seu equipo apenas sumou 9.

A segunda parte estivo marcada polo descanso da letal parella madridista, producindo un notable descenso no seu equipo que permitiu ao Obra manterse á vez no marcador. Grazas a unha férrea defensa, o Obradoiro construíu o seu xogo en torno ao contraataque logrando irse ao descanso tan só un punto por baixo (37- 38).

A segunda metade foi outro cantar, un Obradoiro envalentonado pola forza coa que empuxaba Sar, realizou un terceiro tempo doutra galaxia. A euforia levounos a meter sete triplos seguidos sen erro, só interrompidos por unha canastra dobre de McConnell. Unha pequena vía de auga abriuse no marcador e acabaría por afundir ao Madrid. O terceiro acto acabou cun esperanzador (68 - 62).
 
No cuarto e definitivo tempo, os heroes do anterior baleiráronse e necesitaban un merecido repouso, tras o que o partido se transformou nun apaixonante duelo que se resolveu cos tiros libres. A falta de dous minutos o letal Sergio Llull adiantou aos seus cun tiple (79 - 80). Pero o Obra non se intimidou e seguiu loitando como tantas outras veces. Con corpo e alma realizaron unha defensa que podería saír nos libros de historia. Os xogadores dun Real Madrid acosado, non lograban acertar ao aro arriscando con tiros de 3. O equipo local sacou petróleo dos erros do rival facéndose con cada rebote e sentenciando o encontro ao contraataque. Co asubío final o luminoso marcaba (90 - 83), Sar vitoreaba como nunca e os xogadores entregáronse ao seu público.