Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus celebra o Día da Muller Traballadora

Monbus festexa o Día Internacional da Muller facendo partícipes da celebración ás verdadeiras protagonistas, todo o equipo de mulleres profesionais que forman parte do persoal, dende as oficinas, pasando por taquilla, servizos… ata chegar ao core da compañía, o conxunto de condutoras que día a día trasladan a centos de viaxeiros.

En Monbus non hai lugar para a desigualdade, boa proba disto é a alta proporción de mulleres no persoal, unha porcentaxe significativamente superior á que recolle por término medio o Instituto Nacional de Estadística no sector. Ademais, a empresa mantén unha firme aposta por unha maior incorporación nun sector tradicionalmente masculino.

Por isto, e con motivo desta celebración, a compañía quixo recoller a testemuña dunha destas profesionais en representación do resto de compañeiras; ela é Loly, pertencente a Rialsa, unha das empresas de Monbus con sede en Ferrol, Galicia. Loly, cos seus máis de quince anos como condutora, é un claro exemplo do esforzo  por abrirse camiño nun sector dominado por homes. De feito, como nos revela, a súa historia comeza como un reto persoal, tratando de demostrar á súa familia, e máis concretamente ao seu irmán, que non hai diferenza de xéneros en canto á condución, exhibindo con orgullo o seu carné que lle acreditaba para o mundo do transporte profesional o tempo que deixaba atónitos aos alí presentes, pois nada sabían ao respecto.

Dende entón e tras máis dunha década adicada a esta profesión, a nosa protagonista representa un cambio de actitude ma sociedade respecto ás mulleres condutoras a pesar de non erradicar por completo certos prexuízos. Coméntanos, con humor unha anécdota durante un servizo discrecional, cando unha señora ao vela non quería subir ao autobús,  ao regreso sen embargo, a señora tivo que admitir que estaba encantada coo viaxe e a condución.  

Transmitindo gran entusiasmo, Loly alenta a tódalas mulleres a loitar e conseguir facerse valer sen medo, rompendo estereotipos sociais, logrando que a sociedade vexa unha profesional ao volante sen deterse a pensar se esta persoa é home ou muller.

¡Felicidades a todas!