Un épico Obradoiro dobrega ao Andorra
O Rio Natura Monbus Obradoiro da un golpe sobre a mesa ao dobregar nun partido vibrante ao MoraBanc Andorra. Con medio equipo local na enfermería, os xogadores dispoñibles demostraron unha valentía e capacidade de sacrificio enormes, destacando a Bendzius e Whittington, que anotaron 43 puntos entre ambos.
O encontro da xornada 22 da Liga Endesa tivo lugar na fortaleza compostelana, o Multiusos Fontes do Sar, onde o Obradoiro sempre se crece aupado por unha das mellores afeccións da ACB.
O partido comezou cun claro dominio local, a boa defensa do conxunto de Moncho Fernández parou en seco o ataque do equipo pirenaico. Ao final do primeiro tempo deixou o marcador en (33 - 23). Esta cómoda vantaxe comezou a diluírse á metade do terceiro tempo, (39 - 30) cando o Andorra mellorou a súa defensa e contraatacou con efectividade reducindo a marxe a 3 puntos (43-40, min.28).
Movidos pola frustración, os locais atascáronse en ataque e os visitantes o aproveitaron para apretar nos primeiros minutos do cuarto tempo. Tras un intercambio marcado polos altibaixos de ambos equipos os de Joan Peñarroya entraron por diante nos 2 últimos minutos (54-59).
Bendzius botouse ao equipo enrriba forzando a primeira prórroga. Un halo de esperanza que Burjanadze e Albicy borraron ao aupar de novo ao MoraBanc Andorra (65-69), pero ao Obra todavía lle quedaba pólvora e se sobrepuso cun enorme Whittington e ca muñeca sen complexos de Bendzius, quen no último ataque, e a so seis segundos, aproveitou un desaxuste defensivo rival para poñer o (86 - 84) definitivo.