Exprés.cat incorpora a liña Barcelona - Vilafranca (e6) á súa rede de transporte
A partir do mércores 19 de febreiro entrará en servizo a nova liña da rede Exprés.cat entre Barcelona e Vilafranca do Penedés. A Secretaría de Infraestruturas e Mobilidade, o concello de Vilafranca e Monbus, a través de La Hispano Igualadina coincidiron na necesidade de engadir máis servizos para satisfacer a crecente demanda de pasaxeiros en horas punta.
Con isto, o corredor verase reforzado con oito novas expedicións (catro de ida e catro máis de volta) de luns a venres laborais, o que representa un importante incremento da oferta. Con estas incorporacións, chégase á cifra total de 45 expedicións, das cales 22 corresponden ao traxecto Vilafranca - Barcelona e 23 ao traxecto Barcelona - Vilafranca, o que se traduce nun incremento de 530 prazas diarias adicionais para os desprazamentos entre as localidades.
As novas expedicións dende Vilafranca establécense ás 7:15h, 10:00h, 14:10h e ás 16:15h, e dende Barcelona ás 8:00h, 10:45h, 15:10h e 18:00h. Nestes servizos directos sen paradas, a duración do traxecto non superará os 45 minutos.
Ademais de incrementar a frecuencia, Monbus, a través da empresa concesionaria Hispano Igualadina, incorpora un novo vehículo de servizo directo con Wi-Fi, o que contribuirá a mellorar a calidade do servizo ao usuario.
Por outra banda, continúa o proceso de mellora do sistema de información ao usuario co obxectivo de elaborar e difundir horarios de peto e carteleira, que se instalarán nas marquesiñas. Os novos servizos Expresos estarán integrados no sistema SAE (Sistema de Axuda á Explotación da Mobilidade) e ofrecerase información en tempo real do seu paso polas paradas ou de posibles incidencias.