Con Monbus, á casa polo Nadal
Aproxímase o Nadal e en moitos sitios, os familiares e amigos xa están esperando aos seus seres queridos. Co obxetivo de informar aos usuarios, Monbus, a través de Vibasa, pon á súa disposición unha serie de servizos, recordando os traxectos e horarios máis destacados para estas datas tan sinaladas.
En comunidades como Galicia, Cataluña e País Vasco, Vibasa dispón dunha serie de liñas como:
Día 23, con saída ás 18:50h, ademáis de realizar as paradas habituais, enlazará principalmente orixes como Pontevedra, Vigo, Ourense , Verín con Burgos, Vitoria, Bilbao, Andoain, San Sebastián e Irún. Irún - Pontevedra.
En sentido inverso, a ruta sae ás 20:00h, efectuando idénticas paradas ao longo do traxecto.
Barcelona - Irún
Día 24, con saídas dende BCN Nord ás 08:45h ou BCN Sants ás 09:15h, con paradas como Lleida, Tudela, Pamplona, Andoain e San Sebastián.
Irún - Barcelona ou Irún - Salou
Día 24, con saída ás 06:45h, realizando as mesmas paradas que no caso anterior, enlazando en Lleida cara Tarragona e Salou.
Día 23, con saída ás 15:40h e as paradas antes mencionadas.
Día 24, con saída dende Barcelona ás 09:15h e dende Salamanca ás 10:00h con paradas en Zaragoza, Soria e Aranda de Duero, entre outras.
Día 23, con partida ás 22:05h dende Nord e ás 22:35h dende Sants, terá como orixes destacados Barcelona, Lleida e Zaragoza a destinos como Verín, Ourense, Monforte, Pontevedra e Vigo. En sentido contrario, a ruta parte ás 16:00h.
Como novidade, en determinados traxectos os usuarios poden beneficiarse das “ReVibajas”, agora dispoñibles todo o ano cun maior número de prazas a prezos máis reducidos, podendo obter descontos de ata un 50% dependendo da anticipación na compra, con polo menos 4 prazas a metade de prezo (ata fin de existencias)*.
Como ven sendo habitual en calquera ruta, os usuarios destes servizos de longo percorrido, poderán desfrutar dun cómodo viaxe nun dos vehículos da frota de Monbus, equipados ca máis moderna tecnoloxía en canto a seguridade e confort: butacas Confort Plus con cintos de seguridade e anclaxes ISOFIX, aseo WC, enchufe individual e USB para cada pasaxeiro, así como Wi-Fi gratuito de alto caudal de datos.
Ademáis, os novos vehículos dispoñen dun sistema de entretemento con acceso gratuito a contido multimedia (música, series, películas…) a través de pantallas táctiles individuais nas prazas dianteiras e dos propios dispositivos dos usuarios (smartphones, tabletas e ordenadores) nas prazas de atrás.
Do mesmo xeito, Monbus conservará o resto dos seus servizos de liña regular, así como o seu servizo de aluguer de vehículos con conductor e sen conductor, de xeito que o medio de transporte non sexa un problema á hora de viaxar.
* Consulta as condicións das “ReVibajas”.