Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Con Monbus, á casa polo Nadal

Aproxímase o Nadal e en moitos sitios, os familiares e amigos xa están esperando aos seus seres queridos. Co obxetivo de informar aos usuarios, Monbus, a través de Vibasa, pon á súa disposición unha serie de servizos, recordando os traxectos e horarios máis destacados para estas datas tan sinaladas.

En comunidades como Galicia, Cataluña e País Vasco, Vibasa dispón dunha serie de liñas como:

Pontevedra - Irún

Día 23, con saída ás 18:50h, ademáis de realizar as paradas habituais, enlazará principalmente orixes como Pontevedra, Vigo, Ourense , Verín con Burgos, Vitoria, Bilbao, Andoain, San Sebastián e Irún. Irún - Pontevedra.

En sentido inverso, a ruta sae ás 20:00h, efectuando idénticas paradas ao longo do traxecto.

Barcelona - Irún

Día 24, con saídas dende BCN Nord ás 08:45h ou BCN Sants ás 09:15h, con paradas como Lleida, Tudela, Pamplona, Andoain e San Sebastián.

Irún - Barcelona ou Irún -  Salou

Día 24, con saída ás 06:45h, realizando as mesmas paradas que no caso anterior, enlazando en Lleida cara Tarragona e Salou.

Salou - Irún

Día 23, con saída ás 15:40h e as paradas antes mencionadas.

Barcelona - Salamanca

Día 24, con saída dende Barcelona ás 09:15h e dende Salamanca ás 10:00h con paradas en Zaragoza, Soria e Aranda de Duero, entre outras.

Barcelona - Pontevedra

Día 23, con partida ás 22:05h dende Nord e ás 22:35h dende Sants, terá como orixes destacados Barcelona, Lleida e Zaragoza a destinos como Verín, Ourense, Monforte, Pontevedra e Vigo. En sentido contrario, a ruta parte ás 16:00h.

Como novidade, en determinados traxectos os usuarios poden beneficiarse das “ReVibajas”, agora dispoñibles todo o ano cun maior número de prazas a prezos máis reducidos, podendo obter descontos de ata un 50% dependendo da anticipación na compra, con polo menos 4 prazas a metade de prezo (ata fin de existencias)*.

Como ven sendo habitual en calquera ruta, os usuarios destes servizos de longo percorrido, poderán desfrutar dun cómodo viaxe nun dos vehículos da frota de Monbus, equipados ca máis moderna tecnoloxía en canto a seguridade e confort: butacas Confort Plus con cintos de seguridade e anclaxes ISOFIX, aseo WC, enchufe individual e USB para cada pasaxeiro, así como Wi-Fi gratuito de alto caudal de datos

Ademáis, os novos vehículos dispoñen dun sistema de entretemento con acceso gratuito a contido multimedia (música, series, películas…) a través de pantallas táctiles individuais nas prazas dianteiras e dos propios dispositivos dos usuarios (smartphones, tabletas e ordenadores) nas prazas de atrás.

Do mesmo xeito, Monbus conservará o resto dos seus servizos de liña regular, así como o seu servizo de aluguer de vehículos con conductor e sen conductor, de xeito que o medio de transporte non sexa un problema á hora de viaxar.

* Consulta as condicións das “ReVibajas”.