Elixe o teu traxecto

Precisas axuda?

Xa está!

Preme o recadro de cor azul para mercar un billete e/ou ver os horarios dispoñibles nas datas seleccionadas.

Poderás mercar billetes para o teu traxecto nesta web sempre que estea habilitada a venda online para ese percorrido. Se non está dispoñible a venda online para un traxecto determinado, e queres saber onde mercar o teu billete, podes consultar a nosa sección de rutas e puntos de venda ou contactar connosco por diferentes vías. Moi pronto incorporaremos máis rutas á venda online, pero se tes especial interese en que algunha en concreto estea dispoñible envía un correo electrónico a: sugerencias@monbus.es indicándonos a orixe e o destino do traxecto ou traxectos que estimes oportuno.

Xestiona a túa Reserva

Introduce o teu Código de Reserva
Introduce o email dado ao reservar e preme "Quero ver a miña reserva"

MERCA O TEU BILLETE

ALUGA CON CONDUTOR

ALUGA SEN CONDUTOR

Rexístrate e gaña puntos polas túas compras

loader

Consultando

Resumo e pago.

Imprime os teus billetes.

Resumo

Monbus traslada ao Real Madrid en Barcelona.

Monbus trasladou ao equipo de fútbol do Real Madrid ao longo da súa estancia en Barcelona para desputalo partido correspondente á xornada 14 da Liga contra o seu rival por excelencia, o F.C. Barcelona,no Camp Nou.

O duelo acabou con un empate no marcador (1-1), o cal mantén a vantaxe do Real Madrid  sobre o Barça ao fronte  da clasificación.

O comezo da primeira metade foi dominado polo Barcelona, mais o  Real Madrid soupo sobreporse asediando nos últimos minutos a área rival. O encontro chegou ao descanso ca sensación de equilibrio de forzas e o  0 - 0 no marcador así o reflexaba.

Iniciada a segunda parte do encontro, co Barça vido a menos e o Madrid xogando sen pena nin gloria, chegou o primeiro gol. O xenio brasileiro Neymar, que destacaba sobre dos seus compañeiros, puxo un centro perfecto para que o 9 uruguaio, Luis Suárez, rematase fácilmente. Unha vez aberta a lata e xa situado o F.C. Barcelona por diante, tanto no partido como na Liga, o Madrid tirou de coraxe para aguantala renovada vitalidade do rival, que se foi diluíndo cos minutos.

Foi daquela, no tempo de desconto, cando Sergio Ramos agrandou a súa lenda nos últimos minutos, roubándolle a victoria na casa ao eterno rival. Este gol marcaba o empate co que finalizaría o primeiro dos dous clásicos da tempada 16/17.


Tralo enorme desgaste do partido, o Real Madrid C.F. volveu ao Prat a bordo dun dos autocares da moderna frota de Monbus, desfrutando do modelo Setra ComfortClass S517HD, equipado cos últimos avances en seguridade e confort: cintos de seguridade, butacas Confort Plus con cabezal de polipiel, repousapés, revisteiro e mesas abatibles, enchufes de corriente e conexión USB en cada butaca, servizo Wi-Fi gratuito con alto caudal de datos, iluminación LED individual, nevera e aseos WC.