O Obradoiro consegue o seu terceiro triunfo
A décima xornada da Liga Endesa supuxo para o Rio Natura Monbus Obradoiro a súa segunda victoria fóra de casa (74 - 76), ao gañar ante o UCAM Murcia ao faltar unhas décimas de segundo para finalizalo partido.
O Pazo dos Deportes de Murcia foi testigo dun encontro cuxo comezo estivo marcado polas lixeiras vantaxes dos de Moncho Fernández, que chegaron ao descanso con catro puntos de diferenza (32-36). A pesar disto, o xogo ofensivo do equipo de Óscar Quintana trala reanudación virou o marcador no terceiro cuarto cun 59-53 grazas aobo xogo de Benite e Faverani. Pero chegou o último cuarto e con el a remontada: un triple de Allen, os tiros libres de McConnell, un triple de Dulkys, para finalmente ser Pustovyi, tras entrar por Whittington nos derradeiros 20 segundos, o que marcou a decisiva canastra.
Eimantas Bendzius resarciuse cos seus 18 puntos resultando selo máximo anotador do equipo.
O Rio Natura Monbus Obradoiro prepara o seu próximo partido no Fontes do Sar fronte ao Divina Seguros Joventut, na undécima xornada da Liga Endesa 2016/2017.
#adalotodo Obradoiro!